Circus aeruginosus
24/10/2025
Concello: Ría de Ribadeo
Comentario: Infórmase da reprodución confirmada nas canaveiras interiores da ría neste ano 2025. Apórtanse coordenadas UTM en grella 10x10 km (sen especificar o lugar exacto por motivos de seguridade). O emprazamento do niño está localizado en territorio administrativamente galego da marxe occidental.
Ao longo da tempada de cría obsérvanse numerosas evidencias: adultos aportando material de construción do niño (primeira vez o 27/04/2025), parella interactuando, macho ofrecendo presa á femia e adultos carrexando presas para os polos. O 2/08/2025 entra no territorio un exemplar de Circus pygargus, que é rápidamente expulsado pola femia de Circus aeruginosus. Finalmente obsérvanse dous xuvenís voantóns o 3/08/2025, aínda que se considera probable que saísen do niño días antes pola soltura con que voan. A última vez que se avistan adultos ou xuvenís é o 17/08/2025, mas non se visita a zona nas dúas seguintes semanas.
A cita é subida ao noticiario por Xabier Prieto Espiñeira a petición do propio Carlos Sanjurjo, que o solicita para que quede documentada a observación.
Observadores: Carlos Sanjurjo Lastra